Ha ganado el PP por mayoría absoluta.
Tirando polo fío da madeixa, eu persoalmente chego a seguinte deducción. Estabamos ó borde do abismo, xa demos o tan deseado paso adiante. Por pura lóxica, atopámonos no medio do abismo. Non pasa nada. Fai uns días en plena campaña electoral, o novo presidente dixo textualmente: "Ya es hora de que los españoles adivinen la luz al final del túnel". Eso de adiviñar púsome a cavilar. Unha das súas acepcións é: "Descubrir por conjeturas algo que no se sabe". Eu, se acaso, xa vou aguzando as facultades intuitivas para non atrancarme a hora de "adivinar". Apertas para tod@s, que as adiviñas vindeiras sexan doadas.