PEREIRO O SAN PEDRO: Gel, muy bueno "o conto". Me he reido mucho. Un abrazo....

Moita sorte para Xosé e Lito, e por suposto para outro foreiro moi querido polo que a min me toca; en fin, para todolos doentes, participantes ou non, que se poñan pronto ben.
Esto contoumo un día o Valentín das Frieiras:
Para mercar aquel famoso tractor o Valentín marchou, coma moitos naquel tempo, un ano para Suiza. Alí traballou de sol a sol e aforrou todo o que poido, pero como en ningún sitio atan os cans con longanizas, en vez dun ano tivo que pasar dous.
Cando volveu, chegou a estación da Gudiña de madrugada, e alí estaba aquel taxi, sí señor, fiel coma todalas noites, por si baixaba algún pasaxeiro do tren.
O Valentín acercouse ó taxista e preguntoulle canto lle cobraba por levalo a súa casa. Cando o taxista nomeou o prezo, deu un paso atrás e dille:
- ¡Qué ben vivides os taxistas carallo!. ¿E canto me cobras polas maletas?
-Home, as maletas lévotas de balde –respondeulle o taxista, baixando do coche para abrir o maleteiro.
-Pois daquela, lévame as maletas, que eu xa chegarei andando.

Gel, muy bueno "o conto". Me he reido mucho. Un abrazo. Jose.


5 Cts/kWh para tarifa 3.0 TD, autónomos y empresas
Llama al 654 409 325, ofertas especiales para Pueblos de España