PEREIRO O SAN PEDRO: Muy bonito Gel, el poema de nuestra mas insigne poeta...

Has de cantar,
meniña gaitera;
has de cantar,
que me morro de pena.
Canta, meniña,
na beira da fonte;
canta, daréiche
boliños do pote.
Canta, meniña,
con brando compás,
daréiche unha proia
da pedra do lar.
Papiñas con leite
tamén che daréi;
sopiñas con viño,
torrexas con mel.
Patacas asadas
con sal e vinagre,
que saben a noces.
¡Que ricas que saben!
¡Que feira, rapaza,
si cantas faremos...!
Festiña por fora,
festiña por dentro.
Canta, si queres,
rapaza do demo;
canta, si queres;
daréiche un mantelo.
Canta, si queres,
na lengua que eu falo.
Daréiche un mantelo.
Daréiche un refaixo.
Co son da gaitiña,
co son da pandeira,
che pido que cantes,
rapaza morena.
Co son da gaitiña,
co son do tambor,
che pido que cantes,
meniña, por Dios.

Cantares Gallegos /Rosalía de Castro

Muy bonito Gel, el poema de nuestra mas insigne poeta y escritora. No lo conocia pero es precioso. Tendré que profundizar más en la obra de Rosalia, ahora que tengo mas tiempo para ello. Un abrazo. Jose.
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
Prezado Xosé, alégrome que te guste o poema. Temos unha gran sorte de ter unha lingua tan agarimosa e que xente como Rosalía soupera apreciar o valor que ten e nos deixara a súa obra en herdanza, un verdadeiro tesouro. Aiquí te mando outro para que lla ensines os teus netiños.

Teño o corazón senlleiro
e orfo na noite fría.
Non importa, agardaréi
polo albor do novo día.
Teño lobos, teño sombras,
teño a sorte fuxidía.
Non importa, agardaréi
polo albor do novo día. ... (ver texto completo)