3 meses GRATIS

PEREIRO O SAN PEDRO: Xosé, xa intentei animar a xente de O Pereiro a contar...

Gel, por curiosidad, he leido tus mensajes en el Foro de Lubian, y me he divertido mucho con tus historias. ¿porqué no se hace algo así en O Pereiro? Creo que un pueblo así debe tener un amplio anecdotario de personajes y hechos ¿no? Animo y a ver si lo inicias. Te prometo que te seguiré la corriente. Un saludo. Xose. (Despues de ver lo bien que te manejas con el gallego, me invade un cierto pudor mal escribirlo yo)

Xosé, xa intentei animar a xente de O Pereiro a contar anécdotas e historias da nosa xente. Estou segura que todos temos vivencias personais mais as oídas ós nosos vellos que serían merecentes de ser contadas neste foro, pero a xente non se anima. Eu vou facendo o que podo de cando en vez, tamén nos foros veciños.
En canto ó galego, o mérito é usalo cada cual como saiba, si o escribimos como sabemos e podemos, con faltas ou sin elas, estamos a facerlle honor a nosa lingua, que o fin é do que se trata. Eu son aínda da xeraciónn á que nos impuxeron o castelán na escola e quédame moito camiño por andar, pero xa non me da vergoña escribilo con faltas e disfruto expresándome na miña querida lingua e lendo as mensaxes escritas nela. Como dixo o presidente da RAG: "o galego atópase en estado de doencia pero non de morte". E eu engado: é tarefa de todos nos mantelo vivo. Bueno, non é a miña intención darvos unha conferencia..
Lito/Mikel non sei se será boa idea que eu faga a bica.. é que nunca as ficen. A min dábanme de pequena un anaquiño de masa para que ficera o meu "pan" pero o resultado non era moi comestible. Por probar que non quede ¿eh? Saúdos.
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
Gel, douche toda a razon con respeto a nosa lingua, temos que mantela viva. De todas formas creo que a xuventude de oxe esta educada na labor. Nos meus tempos, falar galego era algo prohibido, era cousa de aldea. De todas formas habia casos especiales. Recordo que cando estudiaba o Bachiller, en un examen de Literatura no Instituto de Pontevedra, un chaval fixo todo o examen en galego, e cosechou un Sobresaliente. O examinador era Filgueira Valverde, famoso escritor e Academico da Real Academia Galega. ... (ver texto completo)