3 meses GRATIS

PEREIRO O SAN PEDRO: Respuesta al mensaje, enviado el 03/03/2011 a las 1:55...

Respuesta al mensaje, enviado el 03/03/2011 a las 1:55 por
Pepita (en el Foro de Lubián, lo pongo aquí para que podáis verlo también los de Pereiro):
Eu sei de un ome que se quedou sin fala durante unha semana do medo que colleu a uns lobos, esta e a historia verídica; o ome iva da Vilavella pra canda como tiña a costume de liarse demasiado cos veciños cando se deu de conta xa se lle fixo de noite na quelis tempos dun pobo a outro case sempre se ia andando total co ome tirou pola camiño da Canda quel era dala cando ia pola mita do camiño salironlle dous lobos llo seguian detás o rato aparecen outros dous que se lle puseron de diante e ivanse cambiando...

Respuesta de O Candil:
Pepita, esta historia lémbrame a outra que nos contaba miña aboa cando eramos pequeniños. Ela vivía no Pereiro, 11 boquiñas que alimentar, e tiña que ir a Canda ca cartilla de raciocinio ou como lle chamaran, pra que lle deran o que lle correspondía, de azúcar, pan ou o que fose (ahora dame pena non haber posto máis atención, porque tanto miña abuela como meu pai xa están no ceo e non lle podo preguntar por estes detalles, que oxe apuntaría con pluma de ouro para non olvidalos). Pois nunha destas veces que ela volvía cos seus alimentos da Canda o Pereiro, tamén se lle fizo de noite e tamén os lobos a acompañaron desde a Canda o Pereiro, pero ela non se arredróu. Non podo decirvos se lle gritaba ou se os espantaba con lume ou cómo fixo exactamente, porque non pusen muta atención e ahora, tristemente, está no olvido. Sólo podo recordar que os lobos a acompañaron todo o camiño porque aquelo impresionóume. ¡Contóunos tantas, tantas anécdotas que viviu cos lobos! De cando iba coas ovellas e un lobo lle agarraba unha ovella ou una cordeira e ela a tirar por un lado e o lobo por outro, e cousas así... ¿Por qué eu non apuntaría todas estas historias? Danme ganas de darme de tortas, sólo me disculpa que eu era pequeniña e que miña abuela fallecéu moi nova, por desgracia... Biquiños a todos os foreir@s.