Compramos energía a futuro

PEREIRO O SAN PEDRO: Ok, Gel, intentereino. Non sei se alguen te contaría...

O Candil, benvida o club dos que escribimos o galego de maneira autodidáctica, a min cada vez me gusta máis. Tamén estou lendo libros en galego e sempre se aprende algo de gramática. Bueno, depende de cando sea a edicción, antes ou despois da última normativa, que eso tamén enlea un pouco.
Estiven (re) lendo O Catecismo do Labrego, encántame sobretodo polos bonitos recordos que me trae da miña infancia. Cando estaba a aprender o catecismo para a primeira comunión, o meu pai, que sempre foi un pouco trasgo e a pesar de criarse en Asturias tamén foi un acérrimo defensor do galego, ensinábame a versión do catecismo do labrego, e miña nai enfadábase con el porque tiña medo que me fora a trabucar diante do cura.
Tamén me lía historias do Marcial das zocas tortas, e gustaríame recuperalas, pero non sei se era un libro, ou folletos nin de onde o meu pai as sacaba naqueles tempos. Nas librerias non atopei nada. Apertiñas.

Ok, Gel, intentereino. Non sei se alguen te contaría que o pasado mes de agosto, o día do Cortello, o alcalde de Lubián leeu en voz alta un conto de lobos "publicado na web pola GEL do Pereiro”. Foi emocionante escoitalo alá arriba, no medio do monte (no cortello), a luz do candil (bueno, do generador), entre outros contos que se leeron nesa festa colectiva. Houbérate gustado. Biquiños pra tí e saudos as boas xentes do Pereiro e de Lubián, que habelas hailas...:-)