Ai, amigo Camba! Barrunto en vostede unha infancia como a miña. Aqueles nenos que medramos picando a leña, apañando a auga, escaldeirando e apalleirando os prados, apañando o estrume, esparexendo o esterco... Co nariz afeito a todos os cheiros. Ai, o cheiro a sabugueiro! Era o primeiro que sentía ao saír do túnel de Padornelo naquel tren fumador empedernido, cando viña coas vacacións de verán... para fartarme a traballar.
As maias son tamén unha lembranza desta cachola miña. Non é que houbera dabondo. ... (ver texto completo)
As maias son tamén unha lembranza desta cachola miña. Non é que houbera dabondo. ... (ver texto completo)