A VILAVELLA: Ai, amigo Camba! Barrunto en vostede unha infancia...

Ai, amigo Camba! Barrunto en vostede unha infancia como a miña. Aqueles nenos que medramos picando a leña, apañando a auga, escaldeirando e apalleirando os prados, apañando o estrume, esparexendo o esterco... Co nariz afeito a todos os cheiros. Ai, o cheiro a sabugueiro! Era o primeiro que sentía ao saír do túnel de Padornelo naquel tren fumador empedernido, cando viña coas vacacións de verán... para fartarme a traballar.
As maias son tamén unha lembranza desta cachola miña. Non é que houbera dabondo. Por iso o recordo é máis profundo. Eu atopeinas indo ao estrume con meu avó materno, que sempre viviu connosco. Meu pai andaba no muiño, que era muiñeiro pola maquila, arranxando algún louxado, amañando algún carro, ou de encofrador por aquelas obras... por onde tamén andou o seu, de vostede.
Daquela meu avó inda non me deixaba a fouce do estrume. Ademáis de estragarme o pulso da man dereita, viña sendo tamén un perigo para os dedos da esquerda nun rapaciño duns dez anos.
Pero alí estaba el, o avó. Cando apareceu a maia, pousou a fouce, sentou, fumou un peninsular e enseñoume o que era aquelo que eu inda nunca vira: a maia. E ben que zugamos nela.
A maia é unha planta que parasita as raíces de outras: chaguazo, carpazo, carqueixa,... e sobre todo as xaras do clima mediterráneo, onde máis abunda.
O seu nome científico é "Cytinus hypocistis". Pero pola nosa península ibérica ten outros moitos nomes: maias, mel de raposo, chupameles, castillejos, chuchos de lobo, chupamieles, chuperas, colmenica de jaguarzo, doncella, panocha de jara, pito de lobo, tetas de doncella, teticas de novicia... Na Sanabria máis alá do Padornelo chámanlle "panchuga". A foto foi feita en Villarejo de La Sierra, no concello de Rosinos de La Requejada, ao norte de Palacios de Sanabria.
Unha aperta, señor Camba, por tan enxebres lembranzas.
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
Graciñas por a foto. Esa é a planta da que non me acordaba. Mais pequena que a xara. Sí que disfroitaba con elas. Era como encontrar un tesouro.
Eu, antes de pasar a fumar un Peninsular, fumaba Dianas e Cuarterón. Nin punto de comparación co Kruger, Este sí que rompía os pulmóns.


Llama al 654 409 325, ofertas especiales para Pueblos de España