BARXA: Houbo un tempo na Escola de Lubián no que un mestre...

Houbo un tempo na Escola de Lubián no que un mestre prohibiu falar galego aos rapaces,
Daquela cantou o cuco, e dixo: "cu - cu".
O mestre considerou que aquel cuco era un mao exemplo para os nenos, un revolucionario, e mandou escurrizalo desta bisbarra por cantare en galego fora do territorio de Galicia e usare verbas pornográficas.
Cursou unha solicitude á Consellería de Educación "de la Junta", e as autoridades expulsaron aquel cuco mamón de Castela e León para Galicia ou Portugal; e déronlle-la plaza vacante a un cuco castelán-falador que decía "culo - culo", como Dios y Rouco Varela mandan.
A ver se agora este cuquiño invadiu o territorio de Comandante Romerales! Sen embargo no lugar de Lubián este ano xa o ouvín cantar dous días, no Val e na Fonte da Uz, e o noso cuco de 2.013´volve a ser galego, ou portugués.
Que así sexa por moitos anos.
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
Aprezado Inda: Sinor, penso que conta a verdade, más por el amor de Deus nahún diga que Deus istaba rouco y Varela xa istá béin, parece que istubo doente. Le recordo que el representante del fillo de Deus padre na terra é o Francisco pros amigos como é o meu caso, por ser intimo amigo do padre.
Unha aperta.


Llama al 654 409 325, ofertas especiales para Pueblos de España