Ofertas de luz y gas

BARXA: Seguro que sentiche falar algunha vez dun famoso crego...

Seguro que sentiche falar algunha vez dun famoso crego que houbo, xa fai moitos anos, polo noso contorno. Foi máis coñecido pola súa peculiar forma de proceder que polas obras propias da vocación. Segun decían, vírono mais dunha vez polas discotecas, en non estaba alí precisamente en función do seu cargo. Pero unha cousa sí a tiña: o home sempre cumpría ca sua palabra.
Non fai moito escoitei unha historia relacionada cuesta virtude del, que segundo parece foi a que ó levou ó seminario.
Daquela, cando él ainda era rapaz, andaba por alí unha monxa dun convento de Ourense que se adicaba a ir polos pobos axudando ós enfermos máis necesitados. Un dos primeiros “catrolatas” que viron os ollos de mutos velliños das aldeas foi o daquela monxiña, que ben seguro sería tamén a primeira relixiosa con permiso de conducir de toda provincia.
Un bo día, ía a levarlle un ouriñal a un señor enfermo a O Pereiro, cando subindo a costa cara A Gudiña, quixo a mala sorte que se quedara sin combustible. Ela, decidida como era, votouse andando hasta a gasolineira e pediulle unha lata de gasolina ó empregado.
-Mire que pena hermana -díxolle o home conmovido- a única lata que teño acabo de prestarlla a un de Pías que lle pasou o mesmo cá vostede, pero espere un intre, que estará a chegar e xa pode levala.
A monxa esperou, pero o home tardáballe tanto que votou a andar de volta para o coche cavilando se non tería ela algún cacharro para levar a gasolina. Revolvendo entre os aparellos que levaba, votoulle o ollo ó ouriñal e máis contenta ca un cuco colleu outra vez o camiño para a gasolinera. O empregado deulle os parabéns pola boa ocurrencia que tivera e nin lle cobrou a gasolina.
De volta, cando estaba toda centrada na tarefa, por certo nada doada, de verter a gasolina dende o ouriñal para o tanque sin derramar ningunha gota, pasou un cohe no que ía o susodito cura cun amigo.
- ¿Tu viche ignorancia parella? ¡Se non o vexo non o creo! –dille un ó outro.
-Para aí, déixame mirar, que se o coche encende, ¡eu métome cura! –dixo o futuro crego.