Ofertas de luz y gas

BARXA: Xa me imaxino que haberá quen pense que meto os fociños...

Xa me imaxino que haberá quen pense que meto os fociños onde non me chaman, pero cómo considero veciños a todos os do contorno (tamén os curmáns de Portugal), tómome a liberdade de facer un comentario.
Non creo que nun foro coma este, no século vinteún, sexa correcto que un individuo diga o que se debe ou non debe por, sobretodo tratándose de chistes. Si non gustan non se len e xa está. Contar chistes de santos e curas e tan usado entre nos como contalos de galegos ou de portugueses. E algo que forma parte da nosa tradición e da nosa cultura, e naide debe sentirse ofendido. Eu estou segura que polo menos os santos non se ofenden pra nada. ¡Si alguén os oíu queixarse que o diga!
Espero que Zé siga contando as súas historias e chistes que o fai moi ben e dunha maneira moi respetuosa e amena, proba unha vez mais de que a educación vai nas persoas, non a dan os títulos nin as visitas a igrexa.
Menos respetuoso paréceme calificar unha casa de tercermundista, por deixarlle comer o polo as sobras da comida. Si volvemos a vista atrás, antes de ter as calles asfaltadas e as casas arregladiñas, todos podemos recordar escenas semellantes en calquera aldea, e non éramos tercermundistas, e a España que nos tocou vivir.
Xa pra acabar, tal como interpreto eu a historia da festa de Santalla, o cura non quedou sin comer a tan boa fe pra deixar encherse os demáis, salíronlle mal as contas e non pudo encherse de polo. Saúdos