A VILAVELLA: Siempre tan ocurrente, a la hora de levantar una sonrisa...

CLÍNICA NOVA

Correuse como a pólvora entre os máis vellos do lugar que en Verín abrírase unha clínica nova para arranxar as mingas preguizosas e fóra de servicio, cunha nova técnica de transplante.
Había na aldea un solteirón que gustaba moito do trínguli-trínguli, pero que xa lle morrera a paxariña anos atrás, a pesares de seren os dous da mesma quinta. E alá que se foi a Verín para buscar un diagnóstico do seu problema.
Efectivamente, aquela ferramenta foi diagnosticada como fóra de servicio permanente. Xa non había xeito de amañala. Había que ir ao transplante. Quitáronlle o seu vello colgadallo e puxéronlle outra nova.
Tan contento andaba el coa nova ferramenta e o seu funcionamento, que acabou insinándollela a un viuvo sesentón que andaba moi descontento da súa piruliña.
E tanto lle gustou ao viuvo, que acabou animándose tamén el a visitar a clínica. E aos oito días xa tiña o novo enxerto.
Pasaron quince días, un mes, un trimestre... e o enxerto non endereizaba. Daquela queixouse ao solteirón:
--A tí foiche ben, amigo. Pero a miña non levanta cabeza.
--A ver, home. Ten un pouco máis de paciencia. Ensíname o apaño.
Entón botou fóra aquela miñoquiña, e solteirón quedou pasmado:
--Carallo --berrou deseguida-- A tí puxéronche a miña!

Siempre tan ocurrente, a la hora de levantar una sonrisa allí donde la languidez se empieza a sentir.

Y por una necesidad familiar, el domingo estaré en A Gudiña. Ya he visto que precisamente calor no voy a pasar.

Un saludo
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
Non se preocupe polo frío, que andamos no inverno.
Xa imos fartos do xeito de informar que teñen os medios. Parecen andar á competencia.
Cando xea polas noites, fai sol polo día. A noite pasada a mínima en Lubián foi de 0 graos. Nin frío, nin calor. E hoxe polo día eu andiven sen abrigo, tanto en Lubián, como en Aciveiros, onde fun facer un recadiño. Os traballadores que visitei alí andaban en camiseta de manga corta.
As cervexas seguimos a tomalas ben frías.
Agardamos que o motivo da súa pasada pola Gudiña non sexa por cousa mala.
Unha aperta. ... (ver texto completo)


Llama al 654 409 325, ofertas especiales para Pueblos de España