Luz ahora 0,07253 €/kWh

A VILAVELLA: Eran as dez da noite cundo cheguei dunha manifestación...

Eran as dez da noite cundo cheguei dunha manifestación en apoyo do Juez mais respetado e admirado, tamén a nivel internacional. Teño tantas cousas pra contar que non son quen de organizalas, porque neste momento pódeme mais o corazón ca cabeza; por eso, pra non ter que pensar, vou escrbir unha cantiga daqueles tempos, recollida nun libro sobre AS FIEIRAS.

A Mezquita é boa vila,
ten palacio e señorío;
¡qué sería da Mezquita
sen palacioe San Martiño.

Cádavos ten grande festa
con treboada de tres reinos;
danzantes na Madanela
i-en Viñais as do Fumeiro.

O meu amor é ourive,
ten obrador en Manzalvos,
cabelos de ouro en Muimenta
que vai e ven pra peinalos.

En Santigoso o San Roque
ten un campo a sua ermida;
se non fora por San Roque
nin o canciño estaría.

Castromil ten cuatro ruas
as cuatro dan a unha plaza;
cuando hay mozos todo ferve,
cuando non, todo se apaga.

¡Oh Señora das Candeas
alumea o meu carreiro,
de Chaguazoso a Manzalvos,
de Cádavos cara o Pereiro.

Por Vila Vella (¡) e a Canda
era eu un mozo, iba chorando
cuantas veces coa lembranza,
moi lonxe teño chorado.

Nun penedo da Esculqueira
púxenme a ollar cara abaixo;
e alá en Piñeiro albisquei
meu amor desamparado.

No pombal da Casa Grande
fixo o rousiñol un niño;
a Casa Grande está erma,
pronde vas rousiñoliño.

A flor de neve da xesta
toda a chaira era nevada;
cortei un ramo e leveino,
murchou, doeume na alma.

A roseira bota rosas,
entre as rosas bota cravos,
os cravos gardan as rosas,
recendo a sangue gardados.

Á veira da Madanela
queda o rousiñol cantando;
canta a veira do Mente,
mentres eu vou magoado.

Bendito San Aparicio
feito de pau de amieiro,
irmau das miñas galochas
criado no meu lameiro.

Bendito San Francisco Blanco
natural do Tameirón,
farto de guardar cabras
fuches morrer ó Xapón.

Na Gudiña cada cuatro unha sardiña;
ou sinón cada oito,
e desas barrumbadas
mui pouquiño a pouco.

O lugarciño de Pentes,
de lonxe parece vila,
se non fora aquel lombeiro
que ten ó lado de arriba.

As mozas de Pentes
son as que levan o rumbo;
traballan e bailan ben
e saben andar polo mundo.

Adios puebliño de Barxa,
que triste te vas quedando;
tiñas a flor dos bos mozos,
pra guerra chos van levando.

O rio cuando vai cheo
leva carballos e follas;
tamén podía levar
as lenguas murmuradoras.

O meu marido foi as Indias
pra aumentar o seu caudal;
trouxo muito que decir
pero pouco que contar.

Miña sogra pra consolarme,
regaloume un rosario;
e xa teño co seu fillo,
cadea, cruz e rosario.

Pra rematar, algún refrán.

-"O can yo meniño, van onde lle dan cariño".-

-"Sardiña que leva o gato, tarde volve ó plato".-

-Pra xente honrada, non hai porta cerrada".-

Hasta o lunes, vémonos na Vilavella.

Saudos.