Che Inda te habras dado cuenta que bien falo O Galego, mi abuelo era Gallego y mis padres tambien, poco a poco he ido chamullando un poco ¡no es cierto! referente al afeitado, sigue teniendo esa inmensa barba, le queda bien linda.
Que por cierto no disimule, a que quiere invitarme a su huerto, dicho de una manera romantica. Un beso pillin
Acertas, miña Raíña, cando desexas aprender a lingua dos pais e máis do avó. Non esquezas que o galego foi o manancial do portugués, e que a lusofonía alcanza máis de douscentos millóns de falantes.
Polo que se refire ás miñas barbas, non as teño por lindeza. Sempre fun un pouco lacazán, e non as afeito por preguiza. Tamén é certo que, grazas a esta tacha miña, levo aforrados moitos cartos ao longo da vida en coitelas de afeitar. Se lle engadimos o que teño aforrado en tabaco, podería montarche un andar na rúa do Poleiro, androxénica criatura.
Claro que quero convidarche á miña horta. Leva catro anos en lameiro e ben que lle viña xa unha cavadela. Cal é a túa talla de mango para irmos amañando a aixada?
Que Deus che conserve esa pizca de humor moitos anos.
... (ver texto completo)