OFERTA LUZ: 5 Cts/kWh

SANTA COMBA: Resulta curioso que moitos dos informantes que colaboran...

Resulta curioso que moitos dos informantes que colaboran tan xenerosamente con estas e outras páxinas de información sobre pobos como o de Santa Comba de Xallas non inclúan nunca as súas fontes aínda que só sexa como invitacións aos curiosos da súa historia e dos seus costumes e tradicións. Sen dúbida, o lector agradecería saber que existen publicacións nas que é posible obter outras noticias de interese sobre este e outros pobos que desexa coñecer. O simple feito, ademais, de que estas publicacións existan falan moi claramente da importancia da localidade da que se quere saber algo.

No caso concreto de Santa Comba de Xallas (A Coruña) o lector pode consultar, entre outras, obras como "Xente e Terra de Xallas", á que os directores da mesma, os profesores X. Amancio Liñares e Antonio Puentes Chao, como un "bico" e "cantar" xuvenís para homenaxear ás parroquias da Terra de Xallas; "Xallas. Teoría da existencia", na que, con grande mestría, o seu autor, o xornalista Lois Oreiro, nos acompaña seguindo as rotas que traza o propio río Xallas a unha viaxe mítica a través da Historia da Comarca de Xallas; "Os animales domésticos na Historia de Galicia", volume colectivo, coordinado por Diego Conde Gómez e José M. Vázquez Varela, no que o lector pode disfrutar o encontro co seu pasado máis lonxano a través do coñecemento dos animais domésticos da súa comarca; "As Historias de Pepe de Xan Baña", en coidada edición de Xosé María Rei Lema, quen nun rigoroso estudio introductorio nos pon en contacto co mundo e aobra deste ilustre xalleiro; "Historia de Santa Comba de Xallas", dirixida por Manuel Quintáns Suárez, quen, con orgullo, confesa nas palabras de introdución:
"Buscamos, teimudos, o encontro con aqueles que ó longo de máis de 5.000 anos fixeron deste espacio xeográfico, non só un lugar habitable e a fonte da súa existencia, senón tamén esta rica herdanza con que nos agasallaron a nós todos.
Maravillámonos, impotentes, diante do misterio que seguen a agochárno-las súas mámoas, admiramos, sorprendidos, a grandeza dos seus castros, descubrímos, abraiados, mostras da súa arte, testemuños pétreos das súas crenzas, pegadas no chan do seu andar cobizoso de futuros..., lemos, atentos e reflexivos, os documentos nos que se reflicten as súas inquedanzas e desacougos, estudiámo-las novas sobre eles doutros viaxeiros anteriores, e escoitamos, na súa fala, nos nomes dos lugares, nos costumes que se resisten a esquece-las súas orixes, na memoria dalgúns dos seus máis ilustres herdeiros..., a lembranza e a mensaxe dos seus soños e esperanzas. E nos montes e vales que conforman esta meseta de Xallas, sentimos, por un intre, sermos compañeiros de viaxe dunhas xentes que hai miles de anos, nunhas datas que se perden na memoria do tempo, chegaron ata aquí, non se sabe moi ben dende onde, na procura dun solar e dun espacio para elas e os seus descendentes.
Sentimos ter asistido ás súas cacerías na procura de carne para o alimento e de peles para se defenderen do frío, e ter vivido a emoción dos seu descubrimento da agricultura e da domesticación de animais, da minería e do traballo dos metais. Témola seguranza de ter atopado os sinais das súas relacións con outras xentes, unhas, simples comerciantes ou, coma noutro tempo eles, buscadoras dun lugar de asentamento, e outras cobizosas dos productos do seu esforzo ou das riquezas do seu chan."

Unha simple ollada ao seu índice confirma sobradamente a verdade destas plabras do director. ÍNDICE: "Presentación", "Limiar", "Índice": "A delimitación territorial de Santa Comba de Xallas" por María Cores Lamas; "A paisaxe física e humana das Terras de Santa Comba de Xallas" por Marta R. Bande Buján e Margarita García Santalla; "OS TEMPOS ANTIGOS": "Mito e realidade do pasado arredado de Santa Comba de Xallas" por M. Quintáns Suárez; "Patrimonio artístico e cultural" por Margarita García Santalla e Marta R. Bande Buján; ""A cultura castrexa" por M. Quintáns Suárez; "Patrimino arqueolóxico" por Margarita García Santalla e Marta R. Bande Buján; "Roma e antiga Gallaecia" por M. Quintáns Suárez; "Patrimonio artístico e cultural" por Margarita García Santalla e Marta R. Bande Buján; "O Cristianismo na Comarca de Xallas" por M. Quintáns Suárez; "Patrimonio artístico e cultural" por Margarita García Santalla e Marta R. Bande buján; "OS TEMPOS MEDIOS": "As terras do Concello de Santa Comba na Idade Media" por Ana Framiñán Santas e Xavier Rey Soto; "OS TEMPOS MODERNOS": "O Concello de Santa Comba e a Xurisdicción de Xallas" por Baudilio Barreiro Mallón; "Patrimonio artístico e cultural" por margarita García Santalla e Marta R. Bande Buján; "Fidalgos e señores seculares na Comarca de Xallas, ss. XVI-XVIII" por Antonio Presedo Garazo; "Patrimonio artístico e cultural" por Margarita García Santalla e Marta R. Bande Buján; "OS TEMPOS CONTEMPORÁNEOS": "A construcción do mundo contemporáneo en Santa Comba e as fontes para o sei coñecemento" por Baldomero Cores Trasmonte; "A poboación do Concello de Santa Comba no século XIX" por Gustavo Hervella García; "A Terra de Xallas e a <Descripción económica del Reino de galicia", de Lucas labrada (1804)" por Baldomero Cores Trasmonte; "A persistencoia do Antigo Réxime e as Terras de xallas" por Antonio Presedo Garazo; "O Concello de santa Comba dende o 1845 ata a Restauración" por Margarita García Santalla e Marta R. Bande Buján; "A Restauración borbónica (1874-1923)" por Margarita barral Martínez; "Santa Comba no século XX" por Margarita barral Martínez e Gustavo Hervella garcía; "Personaxes na Historia da Terra de Xallas" por X. Amancio Liñares Giraut; "A nova orde constitucional e os primeiros comicios do réxime democrático" por Baldomero Cores Trasmonte; "Fontes documentais" por Margarita garcía santalla e Maerta R. bande Buján; "BIBLIOGRAFÍA".