LAÑAS: (A LINGUA)...

(A LINGUA)

Cando eu vivía en Lañas,
Fai desto moitos anos,
Os rapaces na escola
Falaban “castellano”.

Cando eu iba a escola,
Fai moito tempo xa,
Os rapaces nas aulas
Falaban castelán.

Cando eu iba a escola,
Fai desto moito tempo,
O mestre non deixaba
Que falasen galego.

Non falaban galego,
E se alguén o falaba,
Poñíalle un aprazo
Para que’scarmentara.

Polos anos cincuenta
O caudillo mandaba,
Que non falen galego
Por que lle avergonzaba.

Aínda que era galego,
El non o demostraba.
Pois dáballe vergonza
Falar co aquela fala.

Era o tempo dos choros,
Era o tempo das mágoas,
O tempo das sospeitas
E das bocas pechadas

Era o tempo da néboa,
Era o tempo das bágoas,
Era o tempo dos cregos
Noite escura de España.

Non falaban galego
Na escoliña de Lañas,
Por que era deshonra
Esa lingua “bastarda”.

Non falaban na escola,
Mais falaban nas casas
As palabras enxebres
Que os pais lle ensinaban.

É a lingua qu’eu falo
Dende a pícara infancia,
A que trouxen a América,
A que en Lañas falaba

A que eu sempre gardéi
No mais fondo da alma.
Nin siquera Cervantes
Logróu asoballala.

O mesmo que un tesouro
Eu tívena gardada.
Agarimo moi grande
De morriña e lembranza.

Pasara moito tempo
Cando volvín a Lañas.
Case corenta anos
Gardei aquela fala.

Pero cando faléi
Coma meus pais falaran,
Encontreime con novas
E distintas palabras.

¡Agora era un “idioma”!
E hasta tiña “gramática”.
Unha gran confusión
De cousas mesturadas.

Falan de moitas formas,
Todos queren dar “cátedra”.
Hai quen lle chama “verbas”,
Outros dinlle “palabras”.

Non se poñen dacordo,
A lingua está espallada.
Hai palabras sin xeito,
Outras que non din nada.

Algunhas son moi tolas,
Outras son moi estrañas,
E moitas que puxeron
Son “aportuguesadas”.

Que dería Rosalía
Se á terra voltara.
Se volvera Pondal,
¿Entendería a fala?

¡Coidado intelectuáis!
Non lle fagades mágoas.
Non matedes a lingua
Que nosos pais falaban.

E fermosa esa lingua,
E fermoso escoitala
E fermoso escribila,
E fermoso falala.


Llama al 654 409 325, ofertas especiales para Pueblos de España