PADORNELO (Zamora)

Iglesia con niebla
Foto enviada por Paz

ROMUALDO ERA UN HOME "FINO". Polas súas maneiras xeitosas conquistou reputación de home ben enseñado, aunque as súas cortesías co chapeu na man non tiñan certamente o cuño da fidalguía pura. A Romualdo, tan mixiriqueiro, tan fricoleiro, non lle pegaba ben un oficio de traballo, e despóis de chorarse moito logróu meter cabeza no xuzgado municipal, onde vivéu emborronando papel, ata o día da súa morte. Romualdo ademáis de escribente era un gran catador de viño, calidade que lle deixara o seu pai en herencia.
Non beber era como non escribir: moitos groliños de viño enciados de xeito melindroso, letriña miuda con rabiños enribirichados. Tan fino no xuzgado coma na taberna. Romualdo emborrachábase moitas veces; pero endexamáis esgallou as pernas. Canto máis viño levase a bordo máis cortesía facía.
Unha vez Romualdo pasóu a noite toda de parranda e no intre de chegar á súa casa topóuse cuns amigos. Era domingo.
-Anda, Romualdo, vente conosco, que imos xantar unha empanada.
-Ben; pero agardái un anaquiño que vou decirllo á miña muller.
E Romualdo entróu deseguida na súa casa. Os amigos sentiron un gran estrondo e dispóis unhas verbas adoecidas. ¡Lacazán! ¡Borrachón! ¡Pelexo! A muller de Romualdo mallaba no home coma quen malla nun fol vello. ¡Plim, plam! ¡Plim, plam!
Romualdo aparecéu amañando a roupa, e con cara de ledicia finxida díxolle aos seus amigos:
-Imonos xa, que non está ninguén na casa.
(Este conto copieio de Portoespiño co puso no foro de Ayto Lubián, é moi gracioso)
Saludos, salud y alegría a todos. ... (ver texto completo)


5 Cts/kWh para tarifa 3.0 TD, autónomos y empresas
Llama al 654 409 325, ofertas especiales para Pueblos de España