OFERTA LUZ: 5 Cts/kWh

LUBIAN: Levo unha tempada lonxe dos foros, atarefado noutros...

Levo unha tempada lonxe dos foros, atarefado noutros mesteres de todo tipo, sobre todo relacionados coa gaita. Qué esclava é a vida do artista!
Mil gracias polos parabéns. As cousas saen ben cando os veciños vogan todos a favor. Se non, non hai xeito.
É certo que levo de alcalde desde 1.979, agás unha lexislatura na que non me presentei. Pero hai que decir tamén que en tantos anos este concello non gastou un só céntimo na paga do alcalde. Sempre hai quen non o cree. Os interventores e os concelleiros que van pasando polo concello poden acreditalo. E así hai moitísimos alcaldes pola España adiante, soportando estoicamente tópicos ben desagradables.
Os concelleiros do país encheríamos o Camp Nou. De todos eles (100.000), poida que houbera ¿mil corruptos?. Unha gabanza para tanto sufridor, por tantas labazadas nas meixelas por facaltruadas alleas.