OFERTA LUZ: 5 Cts/kWh

LUBIAN: Diccionario de Xerais castelán-galego:...

RAPADALLAS
Bonito xogo este das nosas palabras. A min sempre me gustou moito, rapadallas. E máis tamén me gustaba lamber as rapadallas que quedaban pegadas na artesa cando as nosas nais facían xuntoiro para cocer os roscóns nas festas.

RAPADALLAS: Raspaduras, restos da masa que fican na artesa e que se desprenden coa rapa. (Estravís)

Cando era rapaz os laregos miña aboa Maria chamaballe "os vacoriños". Unha vez en Verin reironse de min por decir esta palabara pero polo que se pode ver non ha inventera miña aboa.
"Y no entendiendo el idioma
de gallegos desaliños, vi acercarse en escuadrones,
gruñendo, suegras lechones,
que aquí llaman vacoriños.
No supe yo que juntaban
los cochinos de este modo en Galicia. Temblé todo
pensando que me agarraban;
quise huír; no supo el miedo;
desmayéme, y tú piadosa,
entre rolliza y hermosa, a medio engullir un credo,
fulste mi segundo cura,
bautizándome otra vez.
Volví en mí, miré la tez
de esa gallega hermosura;

Diccionario de Xerais castelán-galego:
LECHÓN: 1.- leitón, bácoro, bacoriño, corricho, marcote, rancho (porco que aínda mama) 2.- p. ext. Porco, cocho, marrán (animal adulto).

Diccionario de Estravís:
BACORIÑO: 1.- Porco pequeno. Vars. Bacariño, bácaro, bacorín, bácoro, bacurín, bacuriño, bácuro. 2.- Leitón

Bacoriño tamén aparece no libro de Cortés y Vázquez.

LAREGO é sen embargo o sinónimo que máis utilizamos eiquí, pero é menos conocido no galego de Galicia. Aparece en Cortés y Vázquez ("cochino chico") e Figueiredo recolle esta palabra nas provincias trasmontanas de Portugal: "pequeno porco entre leitao e cevado".

Por certo, Ballesteros: escribes o galego coma min. Eses dos que falas non che son bacoriños, nin laregos. Estanche ben cebados. Sonche verróns que trabucan a porca corrupción á que habería que levar ao banco da matanza, cun xuiz valente ao que pretenden emporcallar coas noxentas alforxas que levan detrás da petrina.