3 meses GRATIS

LUBIAN: O forno está sin pan, o lar sin leña,...

O forno está sin pan, o lar sin leña,
non canta o grilo alí
e se non é a pena que o consome,
o probe sólo está co seu sufrir.
Sin que comer e sin abrigo tembra,
porque os ventos son sutils
húmedos inda silban entre as pedras
i as portas fan xemir.
¡Qué ha de facer, Señor, si o desamparo
ten o redor de sí!
¿Deixar a terra en que nacéu i a casa
en que espera ter fin?
¡Non, non, que o inverno xa pasou i hermosa
primavera vai vir!
Xa os árbores abrochan na horta súa,
xa chega o mes de Abril,
i aunque a torrentes chove en horas tristes,
en outras o Sol ri;
xa a terra pode traballarse; a fame
dos probes vai fuxir!
¡Ai! o que en ti naceu Galicia hermosa,
quere morrer en tí.