3 meses GRATIS

LUBIAN: Xa está presidindo a plaza,...

Xa está presidindo a plaza,
o lobo temos a espreita,
a mociña que se durma
atacarlle na verbena.
Ai que chove, que chove,
chove, que xa está chovendo
non temos medo a mollarnos,
nos cubren as estrelas do Ceo.
Cada dous con un paragüiñas
que ben se baila arrimado,
moves é moves o corpo
e non terminas cansado.
Hay bombas e cohetes fortes,
que non paran de estourar,
avisan os pueblos cercanos
que veñan a festexar,
O mismo rompen as nieblas,
ben se pode comprobar,
como fuxen cheas de medo,
marchan pra serra a regar.
Está amañecendo o día,
andamos tras da queimada,
¡ben acompañados estamos!
toca As Portelas mui animada.
Xa repican as campanas
que ben resoan (e festa.)
¿por qué nos fan madrugar
si son as seis da mañá,
ainda na plaza está a orquesta.?
Dareime unha volta na cama,
a campana volverá a tocar,
hasta tres veces insisten
pra misa vou despertar...