As
vacas dela na Agrela. Un día cortiño de inverno cheu de sol, pero inda así, frío.
Alá vou. Collo o atallo da
canada das Corgas, e pola ponte nova, Devesa arriba, póñome alá, onda ela, no aire do demo. Dareille unha agradable sorpresa.
Alá está, no cimo do prado, ó abrigo da parede e tapada co mantón. Home, vai frío, pero tampouco é para tanto! Vaia sorpresa vai levar! Vou cos zamancos de puntiña por tras da parede, facendo menos ruido ca os chocallos e as esquilas. Encarámome silandeiro na parede,
... (ver texto completo)