Xa non son as cousas como andamos a lembrar ao falarmos da sementeira. Eiquí xa non hai unha vaca, nin xiquera unha burra peideira.
Os "reformados", que diría O Zé das Carvalhas, cavan as cortiñas á gavia para botar unhas pataquiñas, unhas fabas, algún tomate que ven madurar por este tempo, cando xa andamos fartos dos que vende o Delfín, unhas leitugas que non damos comido antes de saírense e uns pementiños...
Certo é que hai quen ten unha mula mecánica, máis perigosa ca o demo, e tamén que o
... (ver texto completo)
Home, vai, ¿e non te ofreciche a sustituila un anaco, pobriña? ¡Qué pouco solidario, sorpréndeme en tí!:-) É broma. ¿Qué tal levas esa jubilación? Aparte de observador da
labranza de
Lubián, ¿descubriche algún
arte secreto no que ocupar este tempo que ahora xa non dedicas a enseñanza pública? Espero que disfrutes de este merecido descanso. E, polo menos, teraslle a comidiña feita a Tere cuando chegue do seu curro, ¿non? Qué menos...
Unha aperta pra tod@s, os ocupados e os desocupados.:-)