Apreciada Pita, cómo te conozco tanto creo que tú con el gran sentido del humor que tienes lo que quieres reflejar en lo de los clavos de tu amado Telesforo en el fondo es otra cosa, porque según el padre José los clavos tienen un gran significado en todo el amplio sentido de la palabra puesto que están hasta en la Biblia hay una frase, clavo bien clavado, predique con claridad y sencillez y pasión, total que de parte del Padre José que te queda sumamente agradecido porque eso es lo que hay que hacer
... (ver texto completo)
Ai, Zé das Carvalhas! Cada vez me decato máis das chatolas coas que che cravou os perendengues ao reclinatorio o Padre ése das túas entretelas.
Se poidéramos darlle para atrás ao tempo para irmos ao século XVIII, faríache eu esta pregunta: Qué opinas, por exemplo, da tirapuxa sobre as petrinas nos calzóns? De veras cres que un clérigo teña algo que dicir sobre o traballo dun xastre?
Daquela a moda francesa da petrina única e centrada para os calzóns do home, difundida polas gacetas estranxeiras en sustitución da doble portela, con aberturas á dereita e á esquerda, de uso tradicional, atopa en España un violento rexeitamento por parte da Igrexa, que a califica de inmoral e contraria ás boas costumes. Ata a Inquisición intervén no asunto, con edictos cravados nas igrexas informando de castigos e escarmentos para xastres e clientes que adoptaran a moda da petrina.
Bótate fóra, meu rei. Fuxe do incenso e saca esas chatolas coas que che escraviza ese crego que che está a papar as molexas. E busca outra Pitiña que che ventile os miolos, sacándoche os farrapos eses de sancristán. Que a misa e o pemento sonche de pouco alimento, como dicía un parente do señor Varela.
... (ver texto completo)