OFERTA LUZ: 5 Cts/kWh

VIGO: Vou polo msr de Vigo...

Vou polo msr de Vigo
contemplando a grandeza
dos meus sonos perdidos,
e tódolo que eu escribo
no meu corazón latexa,
cos dourados recordos
que cubren a miña esencia.

Augas da miña infancia
que remollades a fragancia
dos anos que van pasando
entre os azules recordos
atracados na Ribeira,
e ese sendeiro de estrelas
que me levan cara a Madroa
onde a alma voa soa.

Mirando as montañas
da península do Morrazo,
vexo no espello do mar
os meus sonos refrexados,
que tanta pena me dan,
cando esperta a miña anguria
e vai lixeira a navegar
polos recordos do mar.

Anselmo Prada León
"O Carteiro de Chapela"