GULANS: Leo no libro publicado por Xosé Ramón Paz Antón "bandas,...

Leo no libro publicado por Xosé Ramón Paz Antón "bandas, músicos, e orquestaras de Porriño", unha cita textual do insigne compositor Gulanses D. Rogelio Groba, na que relata o seu ascenso a director da Unión no ano 1947, co as seguintes palabras, extraidas o parecer das suas memorias e referidas a o seu antecesor no cargo e mestre, o meu abó D. Jose Carracedo Ucha:

"dirixía con pouca habilidade; parecía un boneco mecánico de xesto invariable, non marcaba as entradas, non indicaba matices, aceleraba os pulsos rítmicos e amosábase pertinazmente insensible. falaba un defectuoso castelán cheo de gheadas que ó sector novo da formación divertía en privado e coreaba en público. "venjo de santiajo", dicía impasible".

Triste e sin dúbida desafortunado comentario, formulado, quizás esquecendo con quen deu os seus primeiros pasos musicais, por quen, debido o rango que alcanzou
debera ter un pouco mais de respeto e sensibilidade hacia un home que era producto dunha xeneración.
Antóxaseme que é coma comparar un maestre de escola dos anos trinta, aqueles dos que se dicia "pasas mais fame que un maestro de escola" con un profesor doxendía.
Non serei eu quen negue a necesidade dun cámbio xeneracional na dirección da banda naquel tempo. Así se fixo e así seguramente tiña que ser.
Sen dúbida, o meu abó tería todos eses defectos que o insigne autor lle atribuie, pero non esquezamos que neses anos, e incluso hoxe, por parte de moita xente maior, a gheada, e outros defectos orais eran moi habituais na xente rural galegofalante, cando, moitas veces "por imperativo legal" tiña que expresarse no castelan, lingua que ainda que era a oficial, éralle estrana a maioría da poboación rural galega.
O que sí lle recñecen moitos dos seus contemporaneos, e sin embargo non leo no texto, é a gradisima capacidade de D. José Carracedo, para nun tempo record
construir da nada, unha inxente cantidade de músicos que despois moitos de eles conseguiron labrarse un futuro no eido musical, nuns tempos nos que a música era das poucas industrias coñecidas no entorno. Aquí queda o meu sentido homenaxe a un home tristemente e inxustamente esquecido na parroquia de gulans. "MAESTRO" de tantos e tantos MÚSICOS, moitos deles ainda vivos.
Este tipo de comentarios, habería que coidarse moito de plasmalos nun papel no que quedarán escritos pa posteridad.