GOIAN: A PEQUENA GRANXA E A VACA...

A PEQUENA GRANXA E A VACA
Un filósofo paseaba por un bosque cun discípulo conversando sobre a importancia dos encontros inesperados. Segundo o mestre, todo o que está diante de nós ofrécenos unha oportunidade de aprender ou ensinar.
Neste momento cruzaban o portal dunha granxa que, aínda que moi ben situada nunha fermosa paraxe, tiña unha aparencia miserable.
Chamaron á porta e foron recibidos polos moradores: un matrimonio e tres fillos, coas roupas sucias e rotas.
Vostede está no medio deste bosque e non hai ningún comercio nos arredores, dixo o mestre ao pai de familia Como sobreviven aquí? E o home, calmadamente respondeu: Amigo meu, temos unha vaca que nos dá varios litros de leite todos os días. Unha parte dese produto vendémola ou a cambiamos á veciña parroquia por outros tipos de alimento: coa outra parte producimos queixo, callada e manteiga para o noso consumo. E así imos sobrevivindo.
O filósofo agradeceu a información, contemplou o lugar durante algúns instantes e marchouse, En metade do camiño dixo ao discípulo:
Busca esa vaca lévaa ata ese precipicio que temos enfronte e tíraa abaixo.
Pero se é o único medio de sustento daquela familia!
O filósofo permaneceu mudo. Sen outra alternativa, o raparigo fixo o que lle ordenaban e lavaca morreu na caída.
A escena quedou gravada na súa memoria. Pasados moitos anos, cando xa era un exitoso empresario, decidiu volver ao mesmo lugar, confesar todo á familia, pedirlles perdón e axudalos financeiramente.
Cal non foi a súa sorpresa ao ver o lugar transformado nunha bela leira, con árbores floridas, coche no soportal e algúns nenos xogando no xardín. Desesperouse ao pensar que aquela humilde familia tivera que vender a propiedade para sobrevivir. Apresurou o paso e foi recibido por un caseiro moi simpático.
Onde foi a familia que vivía aquí fai dez anos?. Preguntou. Continúan sendo os donos, foi a resposta. Asombrado, entrou correndo na casa, e o propietario recoñeceuno. Preguntoulle como estaba o filósofo, pero o mozo estaba ansioso por saber como conseguira mellorar a granxa e situarse tan ben na vida:
Ben, nós tiñamos unha vaca, pero caeu ao precipicio e morreu, dixo o home. Entón, para manter á miña familia, tiven que plantar verduras e legumes. As plantas tardaban en crecer, así que comecei a cortar madeira para a súa venda. Ao facer isto, tiven que replantar as árbores, e necesitei comprar semente. Ao compralas, acordeime das roupas dos meus fillos e pensei que talvez podía cultivar algodón. Pasei un ano difícil, pero cando a colleita chegou, eu xa estaba a exportar legumes, algodón, e herbas aromáticas. Nunca me daba conta de todo o meu potencial aquí.
Foi unha sorte que aquela morrese!.