GOIAN: UN CONTO, COIDADO CON O QUE SE ATOPA...

UN CONTO, COIDADO CON O QUE SE ATOPA
Un día unha moza que camiñaba por o camiño vello concretamente por detrás das escolas de Dña. Orosia, nunha casa vella media en ruínas propiedade da Nanda do Correo chamada o “Tacheiro” donde a xente a veces acostumaba a ciscar o lixo, atopou unha lámpada vella toda ferruxenta e chea de po, desas que lle dicían un quinqué de aceite, con catro mechas e púñanse no medio da mes para alumar, fregouna con as mans pra limpala e de dentro saíu un mago, a moza asustouse e ía tirar ca lámpada cando este díxolle por o teu comportamento concédote tres desexos, é fai uso de eles a teu gusto.
O primeiro que lle pide e que sexa a moza mais agraciada da bisbarra, o mago dille: concedido. O segundo que aprenda a ler e escribir ben, e portarme coma unha señorita. Concedido tamén, e ela díxolle do terceiro xa verei cando fago uso del, como era moi agraciada os mozos andaban tolos por ela pero... pasaba deles, había un deles que era moi cabezudo seguíndoa a todas partes, ela toda enfadada sen pensar que ese podía ser o terceiro desexo dille o mozo, xa te podías volver un can. Como era ao último desexo este lle foi concedido, volvéndose can, é este seguía a todos os lados donde el ía non saíndo da veira dela, unha veciña que se atopou con ela dille ¿Hai que can tan bonito tes? dille a moza si o quere regálollo, ai no, non xa temos un la na casa, e a pobre da moza por non pensar ben o que lle dixo o mozo, tivo de aturar o can toda súa vida. mentres viviu.