GOIAN: UN CONTO DE NADAL...

UN CONTO DE NADAL

DepóIs da guerra do trinta e seis, nunha casa vella mais tarde chamada “Vila Pacita” que había preto da capela de San Lourenzo, vivía unha familia coñecida por o alcume dos “Quicos”, era un casal, creo que portugueses, tiñan once fillos e o maior non tiña catorce anos, o matrimonio traballaban de xornaleiros cando os chamaban, a verdade e que vivían nunha pura miseria, os cativos andaban case que sempre sen roupa e descalzos ata nos días de xeada, e por ende, todos emborrallados de durmiren o carón da lareira, dedicábanse a pedir esmolas por as casas, é na maioría lles daban de comer caldo, que seguramente sería o que comían, as barrigas deles parecían globos (cando vexo na televisión reportaxes de biafra, daqueles negriños con aquelas barrigas, venme a memoria os quicos) ata creo que nin a escola ían. O pai deles culpábano de todos os roubos en canizos. adegas e muños
Un deles chamado Pepiño, preguntáballe a nai, má, ¿por que os Reis Magos non veñen pola nosa casa? Seguramente por que o camiño e moi malo, (a verdade e que o camiño a capela chamado o vello, no inverno daquela, era un lameiro) pois non había a carreteira de hoxe en día ¿e que comen os santos? A nai non sabendo que contestarlle díxolle, pois… doces, o rapas ía todos os día axexar por unha rendija da porta da capela que polo paso do tempo e a choiva fixo na súa madeira un relado, pois a data da súa construción que figura no lado dereito dela e do ano 1517, (xa choveu dende que a fixeron os monxes de Oia) por el ía o cativo haber o que había dentro, e se os vía comer doces. Un dos días o ollar viu unha luz acesa no altar, pegouse a porta mirando o que acontecía e nin pestanexaba pra ver que doces comían, non soubo o tempo que así estivo e quedouse durmido na porta da capela. Era nos primeiros días do mes do Nadal e xa facía frío. Pola maña cediño pasou por o lugar o Ticiano cas ovellas pro pasto na serra, e viu o cativo durmido, espertou o rapas, este, asustado ía marcharse, o Ticiano deulle un pedaciño do pan do que ía comendo, preguntándolle como durmira alí, e este contoulle o que vira, xa estaba anoitecendo cando mirei por o burato da porta, e vin unha luz acesa no altar colgada da man do Sagrado Corazón de María, que e unha das tres imaxes da capela, a min arregalaronseme os ollos cando vin que estaba falando con un cativo, eu creo que con quen falaba dicía el, era comigo.
E que te dicía a Santa preguntoulle o cativo, pois que os rapaces vos van todos pro ceo comer doces, eu non me movía pois o mesmo tempo tiña medo e seguramente quedei durmido.
O Ticiano seguiu co rabaño para serra e o Pepiño foise pra casa, o por do sol baixaba o Ticiano co rabaño das ovellas e ías deixándoas por as casas adonde as recollera de maña, non recordo o que cobraba por o traballo, había mais xente que se dedicaba o mesmo. entre elas, a Tie Consuelo da Rebola, e no lado do Padrón outra muller, esta ía pro baldío do feal. Aqueles anos despois da guerra civil comezaron as repoboacións forestais por parte do “Distrito Forestal” Os gardas forestais déronlle varias mallas o Ticiano para ver si deixaba de ir o monte cas ovella pois dicían que comían os pinos das repoboacións, ben o que iamos cando entrou a deixarlle as ovellas na casa das Clariñas, que eran tres irmáns solteiras e xa maiores, moi santeiras, e cantaban moi ben na Igrexa, (tiñan voz de tiples) recordo dende moi neno oílas cantar na procesión de San Lourenzo, pois eran moi devotas del, a mais nova o oírlle o Ticiano o relato, dixo, hai que dicirllo o abade, pois isto e un milagre, polo serán o ir no rosario contáronlle o abade o que lles dixera o Ticiano, o abade non acreditaba o conto e díxolles, e so foron alucinacións do rapas coa fame. As mulleriñas non quedaron moi convencidas da reposta do cura, e algúns días ían axexar na porta da capela
Pablo Pousa
Pra matalo tempo