GOIAN: MUIÑEIRA DO SANTO AMARO (...

MUIÑEIRA DO SANTO AMARO (
Señor cura, señor cura,
a doutrina non lla sei,
pidame unhas cantiguiñas
que eu llas repinicarei!
Moza bonita no mundo
non debera de nacer,
porque fai como a mazá,
todos a queren comer.
Ser solteiro é boa cousa,
o ser casado tamén,
deixarei pra cando morra
pensar no que me convén.
Por dicir Viva San Roque!
prenderon o meu irmán,
agora que o soltaron:
Viva San Roque e o can!