GOIAN: O COUTO (Barrio)...

O COUTO (Barrio)
(seus lindes eran: Por o Norte con o barrio do Pazo, Sur barrio de Fontela. Este Río Miño, Oeste Barrio da Centinela e mais Fontela).
Este barrio leva o nome do Couto por pertencer o couto de Goian, da familia Correa os cales eran os seu señores. Dentro do barrio queda a casa-pazo dos Correa, que é coñecida como casa da torre de Goián, construción señorial do século XVII. Esta construción nos últimos anos sufriu varios cambios arquitectónicos na súa estrutura. Ten unha extensión de 13 Has cerradas en muro de pedra. O pazo ten capela, coa entrada principal ao exterior e outra no seu interior, a devoción de San Antonio de Padua e nosa Señora da Caridade. Dentro da propiedade rústica hai unha fonte para o abastecemento de auga. O terreo que abarcaba o “Couto de Goian Linda polo Norte con labradíos particulares, e polo Sur carreteira o peirao do Miño Este Río Miño e Oeste camiño.
E referíndonos o Couto de Goián: En data 22 de Setembro de 1640 o factor xeral D. Bartolomé Espínola, facultado pra venda de 8.000 vasalos en nome do rei Felípe IV, vendeu a D. Antonio Correa de Sotomayor “ el lugar de Goián con su coto y Jurisdición ”para el y para sus herederos y sucesores, con los vasallos que tenía y en adelante tuviese el dicho lugar, su término y coto con jurisdición civil y criminal alta y baxa mero mixto ymperio señorío y vasallaxe” O vintecinco de novembro do ano 1640 despachouse unha real cédula pra que dese posesión do lugar de Goián a D. Antonio Correa y Sotomayor, e informase da súa veciñanza, e comprobase a súa extensión.