GOIAN: O único parasito capaz de substituír un órgano...

O único parasito capaz de substituír un órgano
(é bastante comun na alosa, sábalo (sable no río Miño)
O parasito en cuestión chámase Cymothoa exigua, e é un pequeno crustáceo duns tres ou catro centímetros de longo. O seu parente máis coñecido é Anilocra physoides, coñecido como piollo de mar, e que é un dos parasitos máis comúns que nos podemos encontrar nos peixes. Nas nosas saídas submarinas vemos numerosos peixes portando estes oportunistas pasaxeiros.
Como fai para chegar a substituír a lingua? Este parasito entra polas branquias do seu hospedador ata a boca, e únese á base da lingua. Entón empeza a extraer sangue da arteria que rega a lingua uníndose por medio dos seus tres pares de patas dianteiras ata que causa a atrofia desta. Despois une o seu propio corpo aos músculos da base da lingua substituíndo o órgano orixinal, mantendo co seu corpo a tensión sanguínea do seu hospedador. O peixe pode usar o parasito do mesmo modo que usaba a súa lingua e ao parecer non sofre ningún outro dano, polo que é considerado o único parasito que pode substituír un órgano mantendo a funcionalidade deste. Ten visto que a alimentación de Cymothoa exigua se basea nas mucosas do seu hospedador, sen mostrar interese no alimento que este inxire.
Para os que volo esteades a preguntar, este parasito considérase inofensivo para os humanos, aínda que se se colle vivo pode producir picaduras.