GOIAN: (Esta historia que bou contar)...

(Esta historia que bou contar)

UNHA DE OVNIS

Esta historia que bou a contar aconteceume a min fai un tres anos, nunca lla contei a ninguén
pensando que a resposta sería, outra mais das túas, non sei de donde as sacas.

Como os bou a relatar, un daqueles días que lle apetece a un dar unha camiñada e contemplar as leiras cheas de pampullos e vivoreras moradas, senteime enriba da fonte, do "ollo no cú" e alí do outro lado do camiño nun plano mais alto queda o campo chamado "a fragosa", supoño que o
nome lle virá por ser unha terra moi forte como se di vulgarmente, so se vían as bolboretas e cantar algúns grilos e o zoar dos abellóns e
mais os das abellas recollendo o polen e mais o néctar das flores parecía que enxameara algún deles, mais o de algúns de algúns paxariños, eu estaba mirando pro dito campo, canto sinto un zoar raro por o ar, levantei a cabeza cando diante de min estaba aterrando un artefacto parecido
a un yo-ýo, eu quedei abraiado mirando pra el, de pronto ábrese unha porta baixando un escada e por a que baixan dous dos que viñan dentro,
non sei se quedaría algún dentro do artefacto, estes tiraban dunha mangueira a cal meteron na pía da fonte supoño que pra repoñer de auga,
os cales viñan con uns traxes coma os que usan os astronautas, e dirixíndose a min, dixéronme que non tivera medo, e cando acabaron, dime un deles se quería dar unha volta na súa nave, a verdade e que medo tiña, pero outra oportunidade non a ía ter seguramente na vida, subín tras deles, pecharon a porta dentro había un terceiro que debía ser o piloto, pondo os seus motores en marcha, o aparello de pronto sube a pique pra enriba uns cen metros, e virou cara o norte, eu alucinaba, non podo asegurar a súa velocidade, pero o ver a terra que deixabamos a tras debía
ser moita, pasamos sobre Goián o cal se vía perfectamente, no sei ata donde chegaríamos por os montes un pareceume o Aloia, virou outra vez pro sur, e o chegar donde me recolleran aterrou e baixaron a escada baixei por ela inda cos cabelos de punta despedíndome deles, a verdade que era unha xente moi amable e bos faladores. (usaban o castelán)
Senteime outra ves na tampa da fonte cavilando nos feitos, e dicíame pra min, si lle conto isto a alguén o mais seguro e que me diga xa estas meténdome outra das túas, pero un día fai pouco atopei con un amigo, e rebentaba se non lla contaba, e relateille os feitos, e el dicía va... va, iso nin ti o cres, pois e verdade coma sol que nos alumea, xa vexo que es un descrido, pois ti a min xa me coñeces ven, e se non fora verdade
non to contaba.