GOIAN: Foro de GOIAN (Pontevedra)...

Foro de GOIAN (Pontevedra)
cruceiros
Para un asturiano que de por veces mora al lado dO cruceiro da Soidade en Tollo, Goián
Poemas os cruceiros

“Canta pedra, durmida e acochada
da terra nai no agarimoso seo,
esperta do seu sono milenario
e quer ser oración e pensamento
frorece nun baral, estende os brazos,
e póndose de pé faise cruceiro

Ramón Cabanillas

OS CRUCEIROS
LOA A OS CRUCEIROS
Axiónllanse os camiños
abrazados ó cruceiro
nunha azul eternidade
de pedra e ceo."
(Amado Carballo)
Os nosos canteiros, deixándose levar polo sentimento, non
podían imaxinar un home no colo da nai.
Para os artistas canteiros, Xesús Cristo sempre é pequeno,
sempre é o Neno, porque é o Fillo, e os fillos sempre somos
pequenos nos colos das nosas nais.”
Preto do dito cruceiro moraban dúas familias as cales tiñan a costume de pola noite deixarlle unha lamparilla acesa
colgada da súa fusta, Cando chegaba unha delas e xa a veciña colgara a súa, baixaballa rezando un ave María e colgaba a súa
Enviado por pablopousa el 29/05/2015 a las 9:40