GOIAN: Contos o carón da lareira...

Contos o carón da lareira
A cor do tardo (trasno)
(un conto do imán de ti Prudencio)
Un día un rapazolas preguntoulle a seu tío que era irmán do Ti Prudencio e vivian no fundo da Barbiella, de que cor era o tardo.
E seu tío respondeulle do burro o fuxir. E cal e a cor do burro fuxindo
e seu tío dille............. Pardo, e como sabe que e pardo, porque eu vin un pola noite fuxindo, e pareceume pardo, pois a xente di, que polas noite todos os burros son pardos.
O rapas rascou cas uñas na cabeza, e foise pensando naquelo preguntoulle seus compañeiros por a cousa e ningún lle supo contestar. Unha noite indo pra casa do serán que facían na casa do Ti Matieus por o camiño da Barbiella sentiu pasos detrás del, parou e os pasos pararon e así dúas ou tres veces, o home xa ía medio mosqueado como se di, e parou para abrir o portal, e os pasos que escoitaba pararon, encheuse de coraxe e deu volta pra trás para ver que raio era aquilo e atopase con media ducia de ovellas que andaban perdidas e estas ían detrás del.
Continuo o camiño, e ía pensando se isto lle acontece e a outro con medo, xa iria dicindo que lle aparecera o tardo, e el dicindo o que é a inorancia
Cantinflas decía lo que es la falta de ignorancia.