GOIAN: VERDURAS...

VERDURAS
(NORMAS BÁSICAS PRO SEU COCIÑADO)
As patacas sendo para facer puré, bótanse a cocer en auga fría, sendo pra guisar bótanse en auga a ferver e sendo para facer ensaladillas ou un entrantes hai que deixalas arrefecer na auga de cocelas.
Os freixóns si son verdes, en auga a ferver. Xudías verdes, tirabeques, ervellas ou"chícharos", e fabas, en auga ferver. Os garbanzos ponse en agua morna despois de estar de remollo. É as lentellas e os feixóns en auga fría póndoos antes tamen de remollo.
Nota: Na nosa comarca, as fabas son o que en castelán din " Habas" e os freixós as "Habichuelas ou alubias" o que lle din "Fabes" en Asturias corresponde cos nosos freixós.
As: Verzas, Repolos, Navicoles, Naviza e Grelos, cócense en auga a ferver, e
pra que os grelos queden co seu color verde, escáldanse uns minutos en auga a ferver, e seguidamente lávanse en auga fría e terminase a súa cocedura.