GOIAN: XURELOS ASADOS NA BRASA...

XURELOS ASADOS NA BRASA

Cómpranse un xurelos o mais grandes posible límpanse ben por fora e láñanse, pásanse por un chorro de auga e sécanse nun pano, fanse unhas boas brasas de leña de carballo e carozos.
Colócanse os xurelos enriba de unha esparrilla de voltear, untados de aceite pra que non peguen e quedemais xugosos, pónselle un pouco de sal, primeiramente asaranse por a parte do lombo regándoos con un pouco de aceite, cando se vexa que están quedando douradiños, dáselle volta a esparrilla e déixanse facer por o seu interior, unha vez rematada faena do asado, colócanse nunha travesa (fonte)
E reganSse con unha boa allada por enriba e a papar.
Enviado por pablopousa el 27/05/2015 a las 13:03