Luz: 5 Cts/kWh tarifa 3.0 TD >>

GOIAN: 2...

2
Cando os romanos chegaron a Galiza xa os Celtas levaban aquí unha morea de anos, uns 2.000 anos A. C. A lingua céltica foi falada por unha serie de tribos na Europa Central e Occidental, e os nomes que usaban para designarse a si mesmos eran GAL ou KEL e os nomes dos pobos celtas, Galli, Gálatae, Galaiici, Gaelie, Kel Galatai, etc.

Agora ben, o nome de Goián non é celta, é de orixe xermánica, sueva ou visigótica, pero Tollo si vén do celta que significa ‘lamizal’, e pode ser, porque na parte preto do río, chamada os ameais inda quedan terreos encharcados, verdadeiros lamizais.

Entre os restos arqueolóxicos celtas destacan os castros e os petroglifos. Muitos petroglifos son duns 1000 anos anteriores á cultura celta, inda que despois se continuaron facendo, atópanse con frecuencia no Noroeste da península ibérica. Aquí en Goián quedan restos de varios castros onde vivían esas xentes. Un deles é o de Tollo, máis coñecido como O CRIASTO, no idioma goianés; outro é o de Soutelo, e tamén había outros na zona da Atalaia e en San Roque, pero hoxe non se aprecian claramente os seus limites por quedaren sepultados baixo as posteriores obras das fortificacións con motivo das guerras con Portugal.

Os celtas, estes nosos antepasados, nas noites de plenilunio dedicábanlle bailes, cantigas e bacanais aos seus deuses acompañados de cunchas e pandeiros. Os do Criasto facían estas festas nunha carballeira moi grande que había no lugar chamado hoxe en día “O Pandeireto”, (en memoria dos pandeiros) e durante todas as noites do plenilunio, bailaban, cantaban e bebían. Os mozos, ao acabaren o baile, botaban un aturuxo mirando para a lúa, e así todos os día ata o amañecer.

Que bebían! Parece ser que os froitos dos albidros ou albidreiros, que puñan a fermentar dentro de grandes cabazas. O resultado era un viño con poderes alucinóxenos que os traería a todos colocados.
4


5 Cts/kWh para tarifa 3.0 TD, otras tarifas consultar.
Llama al 654 409 325, ofertas especiales para Pueblos de España