Luz: 5 Cts/kWh tarifa 3.0 TD >>

GOIAN: LENDA DA SEÑORA DA TORRE...

LENDA DA SEÑORA DA TORRE
Hay unha lenda da Señora de Torre, que conta, que unha filla enamorouse de un criado da sua casa. Cuando ela se decatóu do que estaba pasando tratou por todos os medios de separalos. Como non adiantaba nada, pois eles seguían xuntos, buscou unha solución propia dos seus desalmados sentimentos:
Mandou o criado abrir un pozo, mais ou menos, da sua altura para para meter dous candeleiros. E cando estuvera pronto tratase de avisar a ela e a súa filla. Así o fixo o mozo. A Señora da Torre, coa súa filla e outros criados, prentóuse na quele lugar pra ver o traballo, e para comprobalo mellor, mandóu meterse dentro do pozo a súa filla e o criado para ver si a altura esta ben. O decatarse de que eles quedaban bastante mais abaixo da altura do pozo, ordenóu os outros criados, que tapasen con terra o pozo con eles dentro. Así o fixeron os homes, con tanta rapidez, que os mozos non se percataron de que iban a ser enterrados xuntos neste lugar. A Señora da Torre daba deste xeito por finalizada a relación do mozo e da súa filla, preferindo darlle morte os dous, antes de pasar pola humillación de que un criado pretendese casarse con uha filla súa.


5 Cts/kWh para tarifa 3.0 TD, otras tarifas consultar.
Llama al 654 409 325, ofertas especiales para Pueblos de España