LUZ: 5 Cts/kWh tarifa 3.0 TD

GOIAN: A Romaría de San Campio...

A Romaría de San Campio
A romaría de Campio de Lonxe celébrase o derradeiro domingo do mes de Santiago (Xullo). Antigamente concorrían moitos portugueses, de Zopo, Gondarém, Lanhelas, Vilanova de Cerveira sobre de todo. Tal vez tivesen noticias dos milagres do Santo de oírllo contar aos compatriotas seus que traballaron na construción do Santuario. Cruzaban o río en barcos dende o lugar da Mota, fronte de Eiras ata o lugar do Xunqueiro e, dende alí, polo camiño de Tollo que ía ata o río, e que empalmaba co que viña das Eiras, fronte da casa do ti “Rabicho” a unha carreiriña de can da casa do Ti Matieus. Case que todo el era costa arriba. Ao chegar onda a casa deste home, era parada obrigatoria para comer calquer cousa e botar un trago e agua do seu pozo que está a carón do camiño. As mulleres portaban na cabeza as banastillas coa comida e outras máis grandes chamadas banastas cos trebellos para montar na festa un posto para faceren e venderen café, (bueno isto era unha tapadilla, o delas era a mala vida ou a boa, … vai un saber! Tamén había españolas no mesmo oficio). E os homes levaban o pelexo do viño ou a concertina. Contan os vellos que de por veces se xuntaban lá pra un cento, sentándose nunhas pedras que por ali habia, e cando reiniciaban o camiño cara a Figueiró ian todos cantando e algúns tocando a concertina.
Como dicía, por aquí era moi sonado ir a “MILLAXE” a San Campio. Xa uns días antes cando atopabas con un coñecido preguntábaslle: Para a semana é San Campio, vas á millaxe? A millaxe é unha palabra derivada dunha herba chamada millán que crece no medio do millo e usábana as mulleres para faceren a cama, pro seu traballo
Como vedes a San Campio íase ofrecido de moitas maneiras.

“ A festa das sete vacas”. En Santa Maria de Tebra era costume, cuxa orixe se perde na noite dos tempos, criaren os veciños sete vacas, e uns dias antes da festa matalas e repartir a súa carne entre todos, os miúdos e peles poxábanos o mellor ofertante na porta da igrexa.
Parece ser que é un ritual pra conmemorar algunha hecatombe ou una peste que lle fixo morrer todo gado vacún.
En Amorin os pescadores do río cando unha rede non pescaba dicián que estaba embruxada, e chamaban un curandeiro que vivía no barrio de Carregal, para que lla desembruxara, a xente dicia que tiña un saltón verde debaixo da lingua. Cando chegaba onde a rede empuñando un coitelo de fronte a ela ia dicindo:

Aquí te corto e recorto
con este ferro aceirado;
aquí te desterro
pra o mar coallado. (7

Na Guarda celébrase o voto a Santa Tecla, este costume ten moita rememoración pagan, concorren soamente homes facendo xexun todo día a pan e auga, namentres recitan salmodias en latín e galego. Durante a súa celebración esta prohibido o acceso as mulleres, esta costume vén dende o século XII.

Nosa Señora do Faro en Valença (Portugal) na que concurren moitos galegos, de aqui de Goián xa era vella tradición de ir a esa festa, non sei de que é avogada, segundo algúns que era dos que non tiñan moita gana de traballar, e ofrecíanse a oír a súa misa e levar unha boa empanada, pois na casa comíanse poucas veces, e botarlle uns chanqueiros de viño tinto verde.

Hai unha cántiga que di:

Fui eu, madre, en romaría a do Faro,
a nosa senhora do Faro
con meu amigo e venho d’el namorada
por cuanto falou comigo
ca mi jurou que morría
por mi; tan ben me queria!.

Por terras de Valença do Minho corre unha lenda que confirma que a santa Liberata de Baiona era filla de Lucio Castelio. Aquí e donde me perdo pois afirman que ela foi quen tivo sete fillos, seis fillas e un fillo mentres seu home andaba batallando por terras afastadas.
E ela foi quen, preocupada porque seu home puidese crer que lle había sido infiel, ordenou abandonar a tres deles na ribeira do Río Miñor. ¡Estupefacto quedo!. (eu coñecía unha lenda na que di que as nove santas, non naceran en Baiona.
Aclaremos que según a citada lenda di que Santa Librada (e non Casia) é nai da "Señora de Mosteiró", da "Señora do Faro", da "Señora da Peneda", da "Señora da Pena", da "Señora da Bonança", da "Señora dos Remedios" e de un tal "Sao Tiago" que seguro lles sorprende. Pois ben, a historia dice que "Sao Tiago" tiña un arco e un carcaj de frechas e que súas irmáns decidiron que elexerían destino disparándoas e dirixíndose alí donde cada unha caese. Así que a "Señora de Mosteiró" marchouse pro Cerdal, a "Señora do Faro" pra Ganfei, a "Señora da Peneda" pra Serra da Peneda, a "Señora da pena" pra Paredes de Coura, a "Señora da Bonança" pra Vila Praia de Ancora, a "Señora dos Remedios" pra Sanfins e "Sao Tiago" pra, ¡alucinar!, Compostela. A lenda di que as seis irmáns estaban felices por ter quedado moi próximas.

E falando de ir ofrecido a misa e procesión as festas e romarías da comarca e inda mais lonxe, era un tradición moi arraigada na xente, aquí en Goián había un señor que cando se lle poñía un animal enfermo, a muller fillos ou alguén da familia xa se ofrecía de ir a misa do Santo que fose avogado do caso, e o comentaba coa sogra sobre detudo, se a vaca ou a muller sanan pronto teño de ir a tal santo ou santa e tachaban no calendario cun lapis vermello a data, pra que non se esqueceran de preparar a empanada, amigo coa fé non se xoga, e un día sen lasquear como dicen os da orde no vai mal.
Xa acabamos a camiñada en busca da nosa identidade, digo acabamos e non acabei pois houbo quen algo me axudou, cando leo os Os contos do sochantre do finado Alvaro Cunqueiro, penso para min, que fora coma el para describir estas cousas. E o mesmo tempo aproveito pra dicirlle os rapaces novos que proben a sopa de burro cansado.
Xa acabamos a camiñada en busca da nosa identidade, digo acabamos e non acabei pois houbo quen algo me axudou, cando leo os Os contos do sochantre do finado Alvaro Cunqueiro, penso para min, que fora coma el para describir estas cousas. E o mesmo tempo aproveito pra dicirlle os rapaces novos que proben a sopa de burro cansado.


5 Cts/kWh para tarifa 3.0 TD, otras tarifas consultar.
Llama al 654 409 325, ofertas especiales para Pueblos de España