Luz: 5 Cts/kWh tarifa 3.0 TD >>

GOIAN: Di un vello adagio; que cando morre un vello, morre...

Di un vello adagio; que cando morre un vello, morre un diccionario:

Para relatar lendas, un ten de escoitar a xente maior con paciencia, pero pra que as conten tes de buscarlle o modo de engaiolalos pra que seu animo este disposto a contalas. e poñer o teu espírito en transo para escoitalas, e ao mesmo tempo gozar oíndoas

Soñar
Temos a noite para soñar
para pensar, temos o día.
Os sonos que son! Amiga miña
receo, medo, alegría,
ou inquietudes que un tiña
non descifro por moito pensar.
nun sono pode haber:
alegría, medo receo.
Tantas cousas antes de amencer
que te encrespan o pelo
soñar non custa nada
pois saen da almofada

Moitas das veces cavilo cando algunha lenda estou escribindo
¡sería verdade ou sería cousa da miña imaxinaci

LENDAS, E CONTOS DE GOIÁN, É DO BAIXO MIÑO
(LENDAS QUE O MILLOR FORON VERDADES)

Unha lenda de Goián.

Si cantan, es ti que cantas,
si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.

E a cántiga foi debullándose, melodiosa e acariñadora coma o vento que nun serán do agosto nos refresca.
¿Quen a cantaría aquelas horas da media noite, nos cómaros da veiga d’arriba?
Parecía a voz de unha moza nova, era coma un susurro lene e agarimoso. Relucía a lúa la no alto con a cara redonda, súa tenue luz, facía aos carballos e piñeiros, proxectar aterradoras sombras, sobre as brancas pedras ao mover súas ramas o vento
Cara o lugar dos Tornos, ouveaba un can o ver pasar misteriosas sombras dunha santa compaña. Unha raposa astuta que tiña o toubo na Tapadiña, saíu en busca de comida e saltou un valado pra ver se topaba algún galiñeiro aberto, saíndo a pernas pra que te quero, a oír ruído duns zocos claveteados de tacholas que golpeaban as resbaladizas pedras do camiño.
A o lonxe, con a eixada o lombo, apareceu a figura do tío Xoán do Padrón que viña de regar. Este, a o oír a cantiga, sentouse o carón dunha das pedras do portelo da veiga a escoitala, namentres sobre súa cabeza os morcegos facían cabriolas no ar para atrapar os mosquitos. E despois de oíla persignouse, e seguiu camiño da casa monologado el so:
E logo e verdade... Coitada. Quen había de dicir que despois de morta, tiña de andar por este mundo cantando. O caso traia preocupado grandemente o vello, eran xa moitos os que afirmaban que Rosa ou súa alma en pena, andaba vagando por os campos de Tollo, pero el non o croia.
O pronto detívose sobresaltado. A tensión do seu espírito habíao feito pórse en garda, é, o ouvir pisadas e ver na encrucillada do camiño unha sombra, parou. Encontrouse con o Manolito dos Chivos que viña dunha fiada, e díxolle, ola hom, que susto me deches, voas noites ti Xoán,

¿susto por qué? Viña con medo, o sentir pisadas pensei que eran por mor do que eu viña matinado. ¿é en quen viña pensando, pódese saber? Si, hom;
pensaba na Rosa, a ver, a ver, cónteme iso da Rosa, como sabe fai uns día que cheguei do Brasil, e non estou decatado do conto.
Ben; vente pra ca onde esta pedra, e sentémonos que cho bou contar mentres botamos un pitillo.—É non o estarán na casa esperando, ---
Bó, si non queren esperar, que durman... -- Entón. vaia contando. – Rosa era filla da tie Manuela, a que casou co Ti Xosé o cajorcias. Un día petoulle a gana de casar con un veciño que ía marchar pro Brasil, (que por certo coma moitos, nunca se soubo mais del), e o ano xa tiña unha filla. Rosa era a moza que mellor cantaba de tódalas parroquias veciñas, non había romaría que ela non fora, con un par de amigas unha das cales tocaba moi ben a pandeireta, e en cuanto chegaba xa se poñía a cantar, todo se animaba, e ata os mozos bailaban con mais bríos.
Parouse o ti Xoán, pra recapacitar. Pasou unha man pola fronte, coma se con este ademán escorrentara os malos pensamentos e continuou. Un día na romaría de Santa Calumbra, encontrábase ela cantando e divertíndose con varias amigas, cando viñeron a avisala de que a súa filla estaba morrendo; ela que estaba un pouco alegre non quixo facer caso e seguiu cantando.
Aquela noite morreu súa filla, e o día seguinte apareceu ela tamén morta, sen que naide da veciñanza se decatara, a xente falou dabondo daqueles feitos; pero, coma todas as cousas, a xente acabou esquecéndose. E dende entón dicían os mozos, que a Rosa ouvíase cantar Po-los camiños...
E pra apoiar o que acababa de dicir, oíuse o canto dunha balada no mesmo ton doce da
que o Ti Xoán ouvira:

........ E pol-a verde pradeira
por riba d’a veiga llana
rebuldeira e rebuldeira
sigo cantando..............

Levantáronse os dous con medo nin ata mañan se dixeron, e seguiron seu respectivo ca miño, ¡pero!.
No outro día o Manolito dos Chibos apareceu tirado no camiño cunha ferida grandísima na fronte, pola que perdera moita sangue, seguramente fíxoa o caerse cando ía correndo pra casa. Entre varios veciños. levaron o ferido pra casa d’un de eles mentres ían buscar D. Paco (o dos paxaros) que era médico.
Pouco tardou este en chegar; pero, so puido dicir que axiña, morrería. Pero antes de morrer inda o Manolito recobrou o coñecemento, e tivo folgos pra dicir, en brasileiro do que falan en Santos:
¡Eu vía!. ¡Eu vía!, ia caminhando com a filha nos braços, cantando o que habíamos
acabado de ouvir, o Manolito desde que fora no Brasil, pasoulle a de moitos esqueceu de
falar o galego.

Pablo Pousa Carrera
Goián 2009


5 Cts/kWh para tarifa 3.0 TD, otras tarifas consultar.
Llama al 654 409 325, ofertas especiales para Pueblos de España