Casa cultura, BUDIÑO

O pior que lle pode suceder a un pobo é que se encha de xente a cal non lle importa o máis mínimo o pobo, que non sinten nada por el, quen non teñen as súas raíces nel... Iso é o que ocorre cos novos bunkers... Ao paso que imos, un pobo será simplemente un nome, sen que perviva para nada as súas tradicións, a súa língua, a historia dos seus veciños, as súas lendas, os seus muíños... Iso é o que trae a xente da cidade...
Aquí podemos ver o centro cultural, deportivo e social "O Coto" de Santo Estevo de Budiño. Nel ten cabida todas as actividades relacionadas coa vida cultural da parroquia. Foi inagurado no ano 1996, sendo costeado pola Comunidade de Montes de Santo Estevo de Budiño. Está disposto en tres andares, con distintas salas adicadas a actividades moi variadas. Dende o último andar podese desfrutar das vistas do últimas terras pertencentes o Val da Louriña.