PENTES SAN MAMADE: San Lourenzo de Pentes é unha parroquia do concello...

Hola buenos dias, me gustaría tener conocimiento de si quedan en este lugar o en los vecinos, familiares aunque sean muy lejanos de Perfecto o Albino A´lvarez Sierra, el primero era el abuelo de mi novia y nació en Venta de Juan Pérez que pertenecia a la parroquia de S Lourenzo anejo de S Mamed de Pentes en 1886, posteriormente emigro a Cuba´, tuvo familia y hallá quedo.
A sus descendientes gustaría saber si queda alguien de hijos o descendientes de hermanos de Perfecto u Albino. Reciban cordial saludo, espero respuesta y les deseo de corazón feliz año 2010.

San Lourenzo de Pentes é unha parroquia do concello da Gudiña, situado a uns 11 km da capital do concello, e que actualmente conta con arredor de 40 habitantes. Antigamente a capital estaba situada no lugar da Xestosa, despoboado actualmente, pero do cal aínda se poden observar os seus restos.

Destaca a súa paisaxe montañosa con diversos tipos de árbores, como piñeiros, carballos ou castiñeiros. Hai bastantes camiños e rutas polas cales se pode pasear ou facer sendeirismo. Pola parroquia pasa unha das rutas do Camiño de Santiago. Percorren a parroquia o río Mente e o río Ribeiriña.

A agricultura, malia non estar industrializada, ten certa relevancia: Ademais de froitos como a castaña, mazá, pera, figo, breva, marmelo, pavía, kiwi, ou cereixa, hai outros produtos como a pataca, o millo, ou o centeo e outros cultivos hortícolas de menor extensión e relevancia.

Na parroquia hai unha canteira (pertencente á empresa Iparena S. L.) da qu se obtén a pedra verdidorada, moi valorada para revestimentos de fachadas, casetas ou muros, e é usada tanto na zona como para a exportación.