Luz ahora 0,03500 €/kWh

ESCORNABOIS: Esto es lo que encontre y es lo que muchos piensan...

Esto es lo que encontre y es lo que muchos piensan de nuestro pueblo, yo creo que el autor no ha pisado en nuestro pueblo...
Escornabois é un escaravello en perigo de extinción, tamén chamado vacaloura. Tamén é Escornabois un lugar do concello de Trasmiras cunha poboación en franco retroceso. Sen embargo, acaban de abrir un novo bar, o Peseto, e para serve brandis ás 8:45. A que despacha chegou hai un ano de Andorra. Traballaba na Seu nun supermercado cun de Atás (tamén concello de Trasmiras). A interventora do Bloque, Mónica, estudiou Filoloxía e paga os cafés. Os votantes, a esta hora só vellos ou parentes dos interventores populares, pasan frío para votar nun forno comunal reconvertido a lugar social. Hai unha televisión: "á tarde, cando para votou case todo o mundo, poñémola un pouquiño".