Compramos energía a futuro

CADAVOS: Repitamos unha e mil veces as nosas palabras. Pra...

Repitamos unha e mil veces as nosas palabras.
Pra que non se esquezan.
Pra que non se perdan.
Pra que non se perdan como se perden as pistas dos paxaros na neve.

Os que somos de Cádavos temos a obriga de manter vivo o específico galego falado alí.Ou é que non tendes na memoria palabras coma duiar, amorodio, pazcuallada, ceio...os plurais rematados en "ois" típicos do galego oriental e formas verbais arcaicas que nos poin aos de Cádavos coma lexítimos herdeiros dun tesouro situado no cerne da cultura oral galego-portuguesa.

Viva Cádavos e viva a nación galega!!!