BARXA: Leva calado moito tempo e non aparece por ningures....

Leva calado moito tempo e non aparece por ningures. Claro que el nunca foi moi falador.
Agora estou a lembrar aquela batalla nunha cociña de cantina dunha aldea da que xa esquecín o nome...
Cando eu vin de permiso dende o deserto, Telesforo colleu vacacións para vir comigo e visitare de paso a aldeia de súa nai. Era inverno. Vindo do Sahara, nestas serras apetecía máis a cociña ca rúa ou os camiños.
Na aldea da nai había unha cantina rexentada por unha solteirona moi lozana, pero máis brava cun novelo criado nas malladas da serra de Porto. E logo quedou Telesforo prendado da moza; el, que tiña desbravado a centos de reclutas das máis afastadas devesas.
Tiven que acompañalo á cantina unha ducia de veces, sempre aproveitando calculadamente os intres nos que ela andaba soa, cando os clientes andaban ocupados nas pallaregas e cortes, acomodando a facenda.
Daquela quentábase a cantina cunha cociña de ferro desas que chamaban económicas. En realidade o establecimento viña sendo coma unha cociña-salón cunha mesa das matanzas no medio e tres escanos ao redor.
Ela deixábase querer.
Eu sentaba nun escano deses aos que se lle baixa unha táboa a modo de mesa, e lía un xornal que mercaba na Gudiña, ao irmos de camiño. E el sentaba con ela mesmo no forno da cociña, a quecerse ámbolos dous.
Eu facía que lía, pero ás veces tiña o xornal diante de min, mesmo do revés...
El atacaba con xeito, a modiño, como bon estratega.
Ela deixábase querer.
Telesforo exploraba con disimulo. A man chegou despacio ao xeonllo, acariñou o muslo morno e suave, apartou con delicadeza a máis íntima das prendas...
Ela deixábase querer.
A berberechiña agradecía aqueles dedos expertos, húmida de ledicia...
Ela levantou de súpeto, agarrada á barra da cociña, coa racha da saia cara atrás... El tamén se levantou, pero de vagar, abrazándoa desde atrás pola cintura con biquiños no pescozo.
Ela deixábase querer.
Unha man abaixo, pola rachadela da saia, seguía na procura da paxariña. E cando máis calor había nos corpos que na chapa da económica, Romerales, coa dereita tocando a fanfona, usou a esquerda para botar fóra o ciringallo a modo de misil...
Ela deixábase querer, ata que aquel pulo a espantou!
E ao fuxir repentinamente a un lado, o meu sarxento foi clavar o piringallo naquela porta roxa do forno, crepitante coma unha alleira na tixola!
Houbo que curalo. Metímoslle aquela mioquiña ferida nunha cunca de fariña. Ela fixo unhas vendas, esgazando as bragas que andaban polo chan; lavou aquel paxariño con auga fresca dun cántaro de cobre e envolveuno naquelas tiras de seda como se dun agasallo se tratase.
Perdeu parte do seu sabre na batalla, e nunca foi quen Telesfora de gañar aquela guerra.
Bó día, dona Pita. Non se me enfade vostede, que estas son augas pasadas.
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
Prezado amigo Inda Cho Sei: Unha vez lida anecdota do Sarxento Romerales non podo por menos decir, que o demo armas en calquer lugar, dende logo o Sr. Romerales viña do deserto un tanto salido... e con esas cousas na aldea de súa mai deberia haberse cuidado un pouco mais... sobretodo alonxandose da cociña económica. (Aunque ela se deixara querer) millor noutro lugar...
Tamen estou con bostede no asunto que o que estaba a ollar pola fiestra seria o ZÉ das Carvalhas, e non o seu xefe nin o santo do ... (ver texto completo)


Llama al 654 409 325, ofertas especiales para Pueblos de España