BARXA: Aí, en Barxa, estades nas entretelas dun profundo val....

Aí, en Barxa, estades nas entretelas dun profundo val. Non sabedes o que é unha bonita nevarada. Aí vos vai unha taciña de neve do alto da serra de Lubián.
Moi lindas as vosas camelias, que se non andan froridas, pouco lles ha faltar. Pero nos 1.600 metros desta panorámica, despois de milleiros de folerpas, a estampa tamén é bonita e refrescante.
Eiquí tamén estarán froridas as carqueixas e mailas queirugas nun abrir e pecha-los ollos.


Llama al 654 409 325, ofertas especiales para Pueblos de España