Fais ben Barxes, vixilade a ponte do Tameirón non vaia a ser que calquera día amañeza sin ela. Para a xente pacífica é incomprensible esta exhibición militar sin sentido. Non sería a primerira vez que se derrochan millares de cartiños para, un chisco tarde por certo, chegar a conclusión de que o perigo só era imaxinario. Quedo abraiada por tal derroche de enerxía militar en currunchos que eu recordo como remansos de paz, alá cerca da ponte do Pereiro mais ás veiras do río Diabredo. E todo por medo que os cataláns contaxien aos galegos as súas ideas independentistas! Home vai, a quen se lle ocurre! Parece mentira, si o calibre de o nacionalismo galego está en panos comparado con o catalán! Non ho non, nesta bendita terra a "pendencia" hai muto tempo que casou coa "de" e ainda son moi pouquiños os que pían.
Disfruten da paz navideña e desinchen as lanchiñas para que polo menos hasta o ano novo as augas do río volvan ao seu cauce.
Disfruten da paz navideña e desinchen as lanchiñas para que polo menos hasta o ano novo as augas do río volvan ao seu cauce.