BARXA: A min paréceme que as becerriñas estaban mal destetadas....

O tío Horacio era un home de peso, de moitas terras e moi traballador. As terras foron de sempre a súa mor paixón. Eran ó que máis quería. Ahora xa de vello, cada vez que se paseaba agarrado ó caxato polo que ainda era seu, puña a man a modo de visera para mirar ao derredor e caíalle a alma ós pes o velas de monte e sin ter a ninguén que botara man delas.
Cando un fururo empresario lle comentou que andaba á procura dunha terra non dubidou en ofrecerlle unha das del. Prefería vendela que vela abandonada; eso xa decía muto do altruismo do tío Horacio.
A terra en cuestión lindaba cun prado onde tiña unhas cantas vacas as que mimaba coma se foran as súas meniñas, tanto, que amarrado a un poste, púsolle un bebedoiro moi moderno con auga fresca. As vacas só tiñan que arrimar o fociño a mangueira, e a auga saía como se fora unha fonte.
Cando foron a mirar a terra, o mozo reparou en media ducia de colmeas, o redor das que zumbaban as abellas. Como estaban a carón da marcaxe, amosoulle a súa preocupación.
-Non pican, home, non teñas medo. Estas son tan mansas comas becerriñas que ves alá abaixo. E se queres a proba, átote espido ao poste do bebedoiro, e volvo dentro dunhas horas. Se te picaron, ¡o demo me levase se non te regalo a terra!
Ó mozo eso de regalarlle a terra soóulle coma música nos oídos. Pensou que ben lle pagaba a pena exporse a agresividade dos bichos se chegara a darse o caso, e aceptou a aposta, meu dito meu feito.
Pasaron as horas, e cando o tío Horacio estaba chegando de volta á leira albiscou ó mozo colgando do poste todo desencaixado.
- ¡Leve o demo ó demo, perdín a aposta! –E sin soltar o caxato votou á carreira para ir a socorrelo.
- ¡Picáronte, fillo! ¡Xúrote que xamais tal cousa pensei!
-Non..., as abellas non –di o mozo cunha voz feble - foron as becerriñas, cando lle daba a sede ¡trabucábanse de goma!

A min paréceme que as becerriñas estaban mal destetadas. Menos mal que non levaban "betillo" no "calamón".
Olliño con estes contos marabillosos, que hai quen che excomulga polo valor dunha palla.
Gracias.


Llama al 654 409 325, ofertas especiales para Pueblos de España