BARXA: Alá nun pobo chamado Canameirón, agochado entre as...

Alá nun pobo chamado Canameirón, agochado entre as máis arrepiantes serras do Poñente, tiña a súa parroquia Don Inocencio, un crego piadoso e inocente coma ningún outroa
Cando andaba polos trinta, ao crego, que era de bó comer, foille crecendo o bandullo. Ao principio, como a tódo-los homes de bó comer. Pero con Don Inocencio chegou un intre no que tanto lle medrou aquela panza, que Don Salvador, o doutor, colleuno un día polos colares, meteuno á forza no consultorio, fíxolle un volante e mandouno ao Cristal Piñor nunha ambulancia.
O diagnóstico descubriu un tumor moi grande, e de contado acabou Don Inocencio no quirófano. Un tumor de tres kilos, aínda que resultou ser benigno, por fortuna para el.
O personal auxiliar do Hospital, cando volveu en si da anestesia Don Inocencio, andou co inocente crego á brincadeira, para divertírense tantiño con el. Trouxeron un cativiño que nacera aquela noite, que a nai quería entregalo no Hospicio, e deixáronllo ao noso crego no seu cuarto, ao pé do leito, deitadiño nun fermoso berce.
Ao despertare, Don Inocencio foi enfocando pouco a pouco aquela cousiña, ata que se decatou do berce e do seu contido.
--Pero... isto qué é? --berrou de inmediato.
A enfermeira que viñera a tomarlle-la tensión, sorriu para os adentros, e díxolle toda seria:
--Éche o que hai, Don Inocencio.
--E logo non era un tumor que había que extirpar de inmediato?
--Sí señor: aí o ten. Un tumor de tres kiliños, todo seu. Mire qué anxo tan bonitiño!
O crego quedou abraiado. Gardou silencio un intre, e logo falou deste xeito:
--Por favor. Isto que non saia deiquí. Discreción. Trátase dun segredo moi grande. Eu lévome o cativo para O Canameirón, pero non quero conto de ningún tipo.
E así foi. O rapaz foi medrando feliz no Canameirón. Foi a escola, aprendeu as letras e as contas, e, xa mozo, botou man da facenda do crego, que tiña vacas e prados, sendo un dos máis grandes capitais daquel pobiño.
A xente decía que era o afillado do cura, e como a tal o trataban.
Xa velliño, aquel inocente crego, agonizante, mandou chamar ao afillado ao pé do leito de morte, e díxolle:
--Mira: vou morrer de contado... pero antes de morrer, teño que contarche un segredo moi grande...
--Non, padriño, --contestou o mozo chorando ao velo así-- Vostede non vai morrer, padriño...
--Non me chames padriño! Eu non son teu padriño!
--Xa o sei --dixo o mozo-- Vostede non é meu padriño. Vostede é meu pai. Ese é o segredo que me quere contar.
--Non! Eu non son teu pai! Eu son... túa mai. Teu pai é o bispo de Mondoñedo!


Llama al 654409325, las mejores ofertas para Pueblos de España